A CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas, en toda Galiza, pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Compostela -
Terán lugar os días 18, 19 e 20 coincidindo co Día Mundial das Persoas Refuxiadas

Delegados/as da CIG mobilízanse por un Convenio Galego do Metal e na defensa dun marco galego de relacións laborais

A Coruña -
A Federación de Industria realizou unha manifestación nacional na Coruña en rexeitamento ao convenio estatal asinado o pasado marzo

O SERGAS pechará este verán 230 camas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Compostela -
Confírmase o peche, case total, do hospital de Conxo, 51 camas no Gil Casares e 18 no Clínico

Pechados/as no Meixoeiro concéntranse diante do hospital para agradecer as mostras de apoio doutras áreas sanitarias

Vigo -
Persoal do Sergas de distintas zonas do país mobilizouse polo peche de camas no verán e en solidariedade cos empregados do centro vigués

A CIG de Ferrol traslada a solidariedade a Francisco Martins e rexeita o proceso xudicial aberto contra del

A Coruña -
O mércores 15 está convocada unha concentración de apoio ao compañeiro, ás 11:30 horas, diante dos Xulgados

O sector de ambulancias, en loita por un convenio digno

Compostela -
Traballadores/as percorreron as rúas de Compostela nunha manifestación nacional para rexeitar a precariedade

A CIG-Industria convoca dúas xornadas de folga no sector do siderometal de Ourense pola paralización do convenio

Vigo -
Os traballadores/as decidiron en asemblea promover os paros para os días 22 e 29 de xuño

A CIG da Coruña considera a Renda Social Municipal do Concello unha axuda positiva, mais insuficiente

A Coruña -
Entende que pode mellorarse, polo que continuará a facer achegas no trámite de alegacións

A CIG-Saúde denuncia os cambios introducidos no Comité de Ética

Compostela -
O borrador propón o control dos Comités de Ética polas Xerencias e, por extensión, pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

Persoal de Ullastres, subcontrata de Fenosa, mobilízase contra os despidos e os incumprimentos do convenio

Vigo -
CIG-Industria denuncia que a firma de Mos pacta diferentes condicións laborais cos empregados/as

O Concello da Fonsagrada terá que readmitir os traballadores do GES despedidos

A Coruña -
Tres sentenzas xudiciais declaran nulos os ceses

Caravana de vehículos pola Coruña para denunciar as irregularidades nas bolsas de contratación de Correos

A Coruña -
CIG-Correos demanda unha modificación do actual sistema de contratación, tanto no que ten a ver co procedemento como os criterios e as formas de chamamento

O xulgado declara nulo o despedimento do candidato da CIG en REFESA por entender que se trata dunha represalia

A Coruña -
A CIG de Ferrol adiante que vai denunciar pola vía penal a empresa “por un delito contra un dereito fundamental como é a liberdade sindical”