O BNG asume todas as demandas das traballadoras e traballadores de Seaga

Compostela -
Concordaron na necesidade de mudar as políticas para o medio rural, unificar nun único servizo todo o dispositivo e rematar coa precariedade

Inician unha recollida de sinaturas en apoio da ILP para reclamar un hospital público único en Pontevedra

Vigo -
A plataforma SOS Sanidade Pública demanda que o proxecto se basee na ampliación de Montecelo

O persoal de Clece acorda coa dirección a volta dos empregados trasladados a outros centros de traballo

Vigo -
O comité da contrata da limpeza de Citroën decidiu desconvocar a segunda xornada de folga para facilitar as negociacións

A CIG-Ensino anuncia un curso “conflitivo” e “problemático” contra a imposición das reválidas na ESO e no Bacharelato

Compostela -
O secretario nacional, Anxo Louzao, denuncia a imposición dun proceso “segregador e selectivo” que é “letal” para o alumnado

A CIG amosa a súa solidariedade co pobo do Sáhara Occidental diante das provocacións de Marrocos

A Coruña -
O goberno de Rabat violou o acordo de cese do enfrontamento de 1991 ao despregar tropas en territorio saharauí liberado

Unhas 2500 persoas participan na romaría reivindicativa pola sanidade pública viguesa

Vigo -
Xunta de persoal e SOS Sanidade convocaron unha xornada de loita para conmemorar a marcha máis multitudinaria da historia da cidade

A CIG sitúase como a forza máis votada nas eleccións sindicais celebradas en Faurecia Asientos de Galicia

Vigo -
A central duplicou a súa representación ao pasar de dous a catro delegados/as no comité da compañía de automoción viguesa

Traballadores/as de Betanzos HB mobilízanse en defensa das súas condicións laborais e salariais

A Coruña -
Realizaron unha concentración na céntrica Praza Hermanos García

A totalidade do persoal de Tecnocom secunda a segunda xornada de folga

Compostela -
A sección sindical enviou unha advertencia á xefa de oficina por retirar a información relativa á convocatoria no centro de traballo

O 100% do persoal de limpeza de Citroën secunda a folga convocada para denunciar os incumprimentos de Clece en materia laboral

A Coruña -
Os traballadores/as desenvolveron ruidosas protestas na sede da empresa e nas instalacións da compañía de automoción

Máis de 94 de cada 100 contratos rexistrados en Galiza durante o mes de agosto foron temporais

Vigo -
O emprego estacional vinculado ao sector servizos rebaixa lixeiramente as cifras do paro no noso país

O sector de ambulancias da área sanitaria de Compostela mobilizarase durante a campaña se non se unifican as condicións laborais

Compostela -
A primeira mobilización está prevista para o vindeiro mércores, día 7 de setembro, ás 11:00 horas, na entrada do Hospital Clínico

O 100% do persoal, agás os servizos mínimos, secunda a folga de Tecnocom

Compostela -
A primeira hora da mañá xa había acumulación de chamadas, que non se puideron atender, ao coincidir o paro coa reincorporación do persoal do SERGAS tras das vacacións