O persoal da recollida do lixo de Carballo conclúe 16 días de folga evidenciando a disposición a loitar por un convenio digno

Carballo -
O paro repetirase do 11 ao 22 de agosto se non hai avances na negociación

A folga no servizo de parques e xardís de Vigo chega ao 4º día cun seguimento do 95%

Vigo -
A empresa está obrigando o estudantado en prácticas a facer o traballo do persoal en folga e a realizar tarefas que non están nos servizos mínimos

Continúa a folga nos autobuses de Ferrol malia os intentos de Alsa de boicotear e deslexitimar a loita do persoal

Ferrol -
Reclámase a aplicación do convenio sectorial ao persoal subrogado e ao de nova incorporación, a compensación dos festivos e que se respecten os acordos laborais

Centos de persoas maniféstanse en Ourense para reclamar medidas que revertan o crítico declive da provincia

Ourense -
Con esta mobilización a CIG inicia unha campaña de denuncia e sensibilización nas rúas e nos centros de traballo

Persoal de Gadis mobilízase en Foz en defensa dos dereitos laborais e pola equiparación salarial

Foz -
No marco da campaña de loita iniciada pola sección sindical da CIG na empresa

Traballadoras e traballadores de IKF concéntranse nos xulgados de Vigo contra a dobre escala salarial

Vigo -
Coincidindo co xuízo contra a empresa polas discriminacións retributivas ao persoal de nova incorporación

Seguimento do 90% no inicio da folga por un convenio digno no mantemento das zonas verdes de Vigo

Vigo -
A actual concesionaria (unha UTE integrada por Acciona e Mantén) pretende atrasar os incrementos salariais ao ano 2027 e repercutilos á nova concesión

O parque de bombeiros de Coruxo permaneceu pechado 72 horas por falta de persoal

Vigo -
A CIG demándalle ao Concello de Vigo a máxima dilixencia para abordar a precaria situación na que se atopa o servizo