A CIG reclama participar na reforma do Regulamento de Estranxeiría anunciado polo Estado español

Nacional -
Denuncia anos de incumprimento das directivas da UE e demanda que se respecten os dereitos humanos, de igualdade de trato e de integración social e laboral

CIG-Ensino urxe a convocatoria da Mesa Sectorial para negociar as prazas de especialidades nas oposicións docentes

Nacional -
O sindicato considera un insulto, para as miles de persoas que están agardando a coñecer esta información, o atraso co que está actuando a Consellaría este ano

O sector da limpeza intensifica a loita por convenios dignos con mobilizacións nas catro provincias

Nacional -
Á folga indefinida de Lugo súmanse paros de 24 horas este mércores día 10 nas provincias de Pontevedra e Ourense e unha protesta na Coruña

“Alzar a voz, tomar a palabra”. O profesorado, protagonista de novo na defensa dos seus dereitos

Nacional -
Bota a andar a campaña de recollida de sinaturas para a recuperación das condicións de traballo docente

O 80% do persoal de Arenal Perfumerías da Coruña secunda un novo día de folga por unhas condicións dignas

A Coruña -
As traballadoras aproveitaron para mobilizarse polas rúas da cidade en demanda dun acordo de melloras salariais e laborais

A CIG amosa o seu pesar polo falecemento do compañeiro Fernando Solla Fernández

Nacional -
De longa traxectoria militante en organizacións políticas da esquerda e do nacionalismo, foi secretario comarcal da Coruña

Remata sen acordo a nova xuntanza do convenio de Vitrasa pola actitude “intransixente” da dirección

Vigo -
A concesionaria do servizo do transporte urbano do Concello de Vigo insiste na desconvocatoria de folga e négase a actualizar os salarios

A CIG-Servizos denuncia “esquirolaxe” na folga provincial da limpeza de Lugo

Lugo -
Unha empresa externa á concesionaria da limpeza das dependencias do Concello acondicionou o Museo de Historia para unha entrega de premios

Leve repunte do emprego en Galiza durante o mes de decembro polo aumento da precariedade na contratación

Nacional -
O paro descendeu unicamente no sector servizos e medrou nos que mellores condicións laborais teñen, como industria ou construción