O persoal de BorgWarner mobilízase polo incumprimento do convenio e do plan de igualdade

Desenvolveu unha concentración este mediodía diante do centro de traballo de Zamáns (Vigo) para rexeitar a actitude da dirección

A CIG-Ensino reclama a cobertura e transparencia total das baixas nos centros educativos

Nacional -
Exixe que se pare de inmediato co borrado sistemático das baixas solicitadas polos centros educativos

Eólica Así Non! presenta un decálogo de demandas ás formacións políticas que concorren ás eleccións

Nacional -
Reclama un modelo enerxético alternativo e “radicalmente distinto” ao imposto polo oligopolio macro-eléctrico apoiado polos gobernos galego e estatal

Traballadores/as de Ilunion claman en Ourense pola readmisión de sete compañeiros/as

Ourense -
Desenvolveron unha mobilización diante da sede da ONCE para rexeitar o despido de parte do persoal da operativa de Faurecia

A CIG-Correos mobilízase para denunciar a falta de persoal na unidade de reparto de Lalín

Lalín -
Dun total de 23 traballadores/as só hai dispoñíbeis 17 na quenda de mañá, o que compromete a calidade do servizo pola carga de traballo da campaña electoral

O profesorado de FP novamente refén da improvisación das administracións a 5 meses lectivos de se implantar a LOFP

Nacional -
A CIG-Ensino reclama a Ministerio e consellaría a a convocatoria inmediata das mesas sectoriais e dos consellos de FP

A Xerencia da Área de Santiago impide a mobilidade interna de categorías como traballo social, logopedia ou anatomía patolóxica

Compostela -
CIG-Saúde de Compostela afirma que actuou mesmo contra as Instrucións de Recursos Humanos

A CIG lanza unha campaña para combater a pobreza laboral baixo o lema “Stop Precariedade! Traballo digno”

Convoca unha asemblea nacional no multiusos de Sar e unha manifestación de delegadas e delegados para vindeiro xoves, día 1 de febreiro, ás 12:00 horas