A CIG revalida a maioría absoluta en Treves de Pontevedra a pesar do apoio da empresa ás outras candidaturas

Pontevedra -
A central sindical volveu sumar 6 representantes no comité, fronte a os 2 da UGT e 1 Independente

A CIG insta a retomar de inmediato as negociacións do convenio de transporte de viaxeiros/as de Lugo

Lugo -
Reclama unha mellorar das condicións do persoal, que de 2018 a 2021 perdeu un 8,5% do seu poder adquisitivo

Adiada a folga na recollida do lixo de Ponteareas tras achegar posturas sobre o convenio

Ponteareas -
A asemblea de traballadores/as suspendeu a medida de presión durante 15 días á espera de que se confirmen as cuestións pactadas

O persoal de Pérez Torres Marítima de Marín inicia unha campaña de protestas para esixir melloras

Marín -
Desenvolveu unha concentración diante das instalacións da compañía no Porto da localidade pontevedresa

Vía Galega lanza unha campaña para divulgar e promover o uso dos nosos símbolos nacionais

Nacional -
Desenvolverá, o 19 de novembro ás 11:30 horas, unha acción expansiva para izar a bandeira en múltiples puntos de Galiza

Seguimento maioritario no primeiro día de folga por un convenio digno no siderometal ourensán

Ourense -
Para este xoves hai convocado un novo paro de 24 horas e unha manifestación, que arrincará do Edificio Sindical ao mediodía

Persoal de Megatech en Ourense mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Ourense -
Reclama un incremento salarial e que se reduzan as contratacións a través de ETT

CIG pide a convocatoria da Mesa das Pontes e sacar xa a concurso os 700MW dos Grupos 3 e 4 da central térmica

As Pontes -
Mantivo unha conversa co MITECO para coñecer a situación actual das instalacións

Persoal do sector de Seguridade Privada mobilízase en Compostela por un convenio digno

Nacional -
Reclaman a recuperación do poder adquisitivo perdido para enfrontar a grave carestía da vida

O persoal da recollida do lixo de Nigrán protesta no pleno para esixir que se renove a concesión

Nigrán -
A xestión do servizo leva prorrogada dende 2019 e a empresa non actualiza salarios nin inviste en material

Xustiza para Pintos. Asina a petición de indulto

Ferrol -
Podes asinar nos pregos que hai nos locais da CIG ou a través do formulario online

As centrais sindicais convocantes da folga no siderometal ourensán chaman a participar na manifestación deste xoves

Ourense -
A marcha, que coincidirá co segundo día de paro para reclamar un convenio digno, arrincará da Casa Sindical ás 12:00 horas