Vixilantes de seguridade privada nos hospitais da Coruña mobilízanse contra o acoso practicado por Eulen Seguridade

A Coruña -
Denuncian o incremento inxustificado de sancións e apercibimentos ao persoal dende que a empresa se fixo coa contrata

Desconvocan a folga na limpeza dos centros de saúde de Pontevedra-Salnés unha vez que o Sergas rescindiu o contrato con Linorsa

Vigo -
A CIG vixiará o proceso concursal da empresa para garantir que as traballadoras/es cobren os salarios e as débedas pendentes

Arredor do 80% do persoal de Linorsa secunda a folga na limpeza dos centros de saúde de Pontevedra e do Salnés

Vigo -
As traballadoras/es, que reciben presións da empresa para abandonar a protesta, reclaman o pago dos salarios en tempo

A CIG convoca folga na limpeza dos centros de saúde de Pontevedra e do Salnés ante os reiterados atrasos no pago de salarios

Vigo -
O persoal de Linorsa, concesionaria do servizo, esíxelle ao Sergas a rescisión do contrato

A práctica totalidade do persoal de Linorsa en Lugo secunda a folga indefinida en demanda do cobro de salarios

A Coruña -
Na primeira xornada de paro, as traballadoras/es tiñan coñecemento da entrada da empresa en concurso de acredores

A CIG amosa a súa preocupación pola situación do persoal de Linorsa tras a entrada da empresa en concurso de acredores

Vigo -
A federación de Servizos de Vigo anuncia protestas se non se liquidan as débedas coas traballadoras/es da concesionaria da limpeza

O persoal Linorsa en Lugo acorda ir á folga indefinida para esixir o cobro dos seus salarios

A Coruña -
Os incumprimentos no abono das nóminas son reiterados e arrástranse dende hai ano e medio

Os/as traballadores/as de Portanova Park irán á folga indefinida a partir do 18 de abril para esixir o cobro dos seus salarios

A Coruña -
A empresa, que xestiona o estacionamento subterráneo da Praza do Inferniño, ten pendente de pagar as últimas tres nóminas

Persoal do sector da limpeza de Lugo mobilízase para denunciar o bloqueo patronal na negociación do convenio

A Coruña -
O convenio caducou a finais de 2014 e aínda que as negociacións están abertas, as posturas inmobilistas do empresariado impiden os avances

Caravana de vehículos polas rúas de Lugo para esixir a Linorsa que pague os salarios adebedados

A Coruña -
A empresa, que presta servizos de limpeza en diversos centros da Xunta, ten pendente de pagar dúas nóminas e o 50% do soldo de decembro

Denuncian despidos inxustificados, deterioro das condicións laborais, presións e falta de persoal en Media Markt Vigo

Vigo -
A CIG e CCOO rexeitan que a empresa aplique a reforma laboral para substituír emprego a tempo completo por contratos por horas

Concentración pola readmisión dun traballador que REFESA despediu logo de se presentar na candidatura da CIG

A Coruña -
A protesta realizouse coincidindo co acto de conciliación no SMAC de Ferrol

A CIG reclama a rescisión dos contratos públicos con Linorsa, que adebeda mes e medio de salarios ás súas traballadoras

Compostela -
A Axencia Tributaria vén de embargar un millón e medio de euros a esta empresa, que é concesionaria do servizo de limpeza de multitude de edificios públicos e colexios