Xornada sindical sobre o acoso dende unha perspectiva de xénero

A Coruña -

Co gallo da conmemoración do 8 de Marzo, a CIG desenvolveu este martes na Coruña unha xornada sindical para tratar e debater sobre o acoso laboral dende unha perspectiva de xénero, na que se abordaron as seguintes cuestións:

-Protocolo de acoso e como frear o acoso na empresa; a cargo de Ernesto López Rei, responsábel comarcal de saúde laboral.

-Análise da recente sentenza contra El Corte Inglés; a cargo de Sandra Garrido, avogada defensora da traballadora que sufriu o acoso.

-Análise do acoso dende unha perspectiva de xénero, a cargo de Margarida Corral, Secretaria Confederal de Muller da CIG.

Volver