Volve a solidariedade con Carlos e Serafín tras o parón estival

Unha nova concentración reclamará o indulto para os dous traballadores
Vigo - 19 Set 2017

As mobilizacións para reclamar o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar nunha folga, volverán este xoves 21 ás rúas de Vigo tras o parón motivado polas vacacións estivais. As centrais CIG, CCOO e UGT chaman a veciñanza a participar na concentración solidaria convocada diante do Marco a partir das 20:00 horas.