Volvemos á rúa a prol do indulto a Carlos e Serafín

Ducias de solidarios/as volveron concentrarse diante do Marco de Vigo

Vigo -

Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os compañeiros inxustamente condenados ao cárcere pola súa participación na folga provincial do transporte de Pontevedra en 2008, recibiron hoxe unha nova mostra pública de apoio por parte das ducias de solidarios/as que de xeito mensual se concentran ao seu carón na rúa do Príncipe de Vigo para reclamar que se lles conceda un indulto que evita a súa entrada na cadea.

O goberno español do PP continúa sen dar pasos en prol do segundo indulto, e, mentres tanto, continúan coas súas vidas coa incertidume xerada por un sistema xurídico-político edificado contra os intereses dos traballadores/as.

Represión para o movemento obreiro, prebendas, total liberdade e indultos para estafadores, capitalistas sen escrúpulos e corruptos. Esta é a realidade que queremos e debemos mudar!

Carlos Serafín, indulto xa!
Non son ladróns, son traballadores!

Volver