Inauguración VII Congreso CIG

Nacional - 27 Mai 2017

"Coa CIG, somos máis fortes" é o lema baixo o que, este sábado e domingo, a central nacionalista celebra o VII Congreso Confederal no que se perfilarán as liñas de actuación sindical dos vindeiros catro anos e se renovarán os cargos da Secretaría Xeral, Executiva Confederal e Comisión de Garantías.

Ademais das e dos congresistas, contamos coa participación de delegacións convidadas de organizacións sindicais de Europa, África e América, a FSM (Federación Sindical Mundial) e a CSPLP, (Confederação Sindical dos Países de Lingua Portuguesa). Xunto a estas asistirán ao VII Congreso representantes organizacións sociais, políticas e culturais da Galiza.