O 16 de setembro, deste ano, cúmprense 90 anos da participación e admisión de Galiza no IX Congreso de Nacionalidades Europeas. Un fito transcendente, xa que significou o recoñecemento da condición nacional de Galiza por parte dun órgano internacional desta relevancia.
Para conmemorar este feito importante da nosa historia, Vía Galega ten previsto, xunto con outras actividades e publicacións, realizar un congreso que, baixo o título “Recoñecemento internacional de Galiza nación”, se vai desenvolver, o 16 de setembro de 2023, en Compostela.
A asistencia será gratuíta, mais é necesario inscribirse mediante o correo electrónico: coordenadora@viagalega.gal.
As prazas son limitadas, por tanto, Vía Galega recomenda que, de ter previsto asistir, as persoas interesadas se inscriban o máis axiña posíbel.
16 Dec 2024
12 Set 2023
18 Abr 2021
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.