Venezuela, guerra ou terrorismo económico

Hedelberto López Blanch - 04 Mai 2017

Tras a guerra económica, co fin de culpar o goberno pola súa “deficiente” xestión, apareceron despois os representantes da dereita opositora e dos medios de propaganda que chaman a realizar cargas violentas e incendiar o país. É dicir, pasouse ao terrorismo como instrumento político-económico que supón a execución de actos violentos para propiciar unha atmosfera de pánico colectivo e destruír a orde

A guerra económica desatada contra a República Bolivariana, deseñada e dirixida desde Estados Unidos, e levada á práctica polas forzas opositoras venezolanas co apoio dos grandes medios de comunicación da dereita crioula e internacional, tomou novos xeitos para se converter nunha vaga de terrorismo económico.

 As perdas pola violencia desatada avaliáronse en máis de 100.000 millóns de bolívares e entre as instalacións atacadas aparece mesmo o Hospital Materno Infantil, Hugo Chávez Frías, situado en El Valle, Caracas, e no cal traballadores e doentes foron asediados durante preto de tres horas.

 Entre os feitos vandálicos destacan os estragos ocasionados na Dirección Executiva da Magistratura (DEM) no municipio Chacao do estado Miranda, o 8 do mes en curso. Durante o 20 e 21 de abril, grupos violentos ocasionaron danos a bens privados e públicos nos sectores Cajigal e San Andrés da parroquia El Valle.

 Os violentos feitos deixaron 29 persoas mortas (catro adolescentes e 25 adultos) e por volta de 450 mancados.

 Os concelleiros do Bloque da Patria no Cabildo Metropolitano de Caracas denunciaron ante o Ministerio Público (MP) o financiamiento a grupos extremistas que reciben recursos provenientes da Alcaldía Metropolitana, a cargo de Helen Fernández, e das alcaldías dos municipios Chacao, Baruta, El Hatillo e Sucre, estado Miranda.

 Para o ministro de Comercio Exterior e Investimento Internacional venezolano, Jesús Farías, a guerra económica é unha estratexia deseñada para desequilibrar a un goberno: a desestabilización parte dunha turbulencia económica que xera malestar social, vinculados a malestar e conflitividade que poden xurdir desa situación. A súa expresión concreta é a repunta inflacionaria, derivada dunha especulación inclemente cos prezos.

 Engade o ministro que outras manifestacións son o acaparamento e a escaseza crónica de produtos de primeira necesidade, así como o ataque á moeda nacional; a sabotaxe a sectores chave produtivos e o contrabando esaxerado de alimentos, con amplo apoio de poderosos medios de comunicación para xerar angustia e desacougo. É unha estratexia que ten implícito un propósito político: derrocar un presidente lexítimo e non existe ningún goberno de esquerda no mundo que non sexa sometido a un ataque desa natureza.

 Lembremos que 2016 resultou un dos anos máis duros desde o inicio da Revolución Bolivariana debido aos enormes ataques que sufriu coa intención de derrocar o goberno de Nicolás Maduro.

 Entre esas accións aparece o bloqueo das contas da República por parte do Banco City Bank que intentou descualificar a credibilidade financeira do país.

 As cualificadoras occidentais de riscos, como JT Morgan, presaxiaban un inminente cesamento de pagamentos de débedas venezolanas, que propiciaron un cerco para acceder a créditos internacionais.

 A empresa PDVSA, como principal xeradora de divisas do país, foi vítima de ataques e sabotaxes que pretendían evitar un troco de débeda para o desenvolvemento da industria.

 Simultaneamente, houbo un complot para sacar de circulación e levar fóra do país todos os billetes de 100 bolívares. Ese golpe montouse sobre unha estratexia para bloquear financeiramente as operacións e transaccións realizadas pola República para evitar que cumprise cos provedores de bens, materias primas e insumos esenciais para abastecer de medicamentos, alimentos e de servizos á nación, así como evitar a cancelación da débeda.

 Produtos alimentarios e de hixiene desapareceron dos mercados, acaparados por compañías distribuidoras ou sacados clandestinamente cara a Colombia pola extensa fronteira.

 Tras esa guerra económica, co fin de culpar o goberno pola súa “deficiente” xestión, apareceron despois os representantes da dereita opositora e dos medios de propaganda que chaman a realizar cargas violentas e incendiar o país.

 É dicir, pasouse ao terrorismo como instrumento político-económico que supón a execución de actos violentos para propiciar unha atmosfera de pánico colectivo e destruír a orde. É intimidación organizada que pode ferir ou poñer en perigo dereitos individuais como a vida, integridade corporal, saúde, liberdade ou patrimonio, ou poñer en urxencia a seguridade pública, o que pasa por destruír ou interromper servizos públicos; atentados ou crimes que tenden a crear unha situación de terror polo seu carácter reiterado.

 O presidente Nicolás Maduro puntualizou recentemente que a dereita quere impedir que se consolide a axenda económica bolivariana, porque xa se foran superando con moitísimo esforzo os efectos da guerra económica.

 A oposición de dereita está obsesionada porque non logrou derrocar o goberno e en contraposición medran os programas sociais en beneficio da maioría da poboación.

 Os Comités Locais de Abastecemento e Produción (CLAP) están levando alimentos de primeira necesidade a 6.000.000 de fogares priorizados que minoraron as escasezas provocadas. A Gran Misión Vivenda entregou 1.600.000 casas en seis anos; a xeito de diversificar a economía, no primeiro trimestre de 2017 a nación recibiu 100.000 millóns de dólares por exportacións de camarón; xa se entregaron este ano, 28.000 bolsas de estudo a estudantes de educación media e diversificada para garantirlles o remate dos seus estudos; aprobáronse 1.000 créditos ao programa Soy Joven dirixido á mocidade produtiva.

 Así mesmo, o Goberno mercou 238 quilogramos de ouro do Arco mineiro do Orinoco que pasaron a engrosar as súas reservas internacionais; está en marcha o plan da agricultura 2017 e prevese a produción de 90 millóns de quilogramos de alimentos; Venezuela cumpriu en tempo os seus compromisos financeiros ao pagar recentemente 2.819 millóns sen que minguasen as reservas do país.

 A guerra económica da dereita converteuse en terrorismo, unha forma moi perigosa para unha rexión latinoamericana que aposta pola paz.

 

[Artigo tirado do sitio web Resumen Latinoamericano, do 3 de maio de 2017]