Traballadores e traballadoras de Televés concentráronse este mércores ás 15:00 horas diante das instalacións da empresa en Conxo para denunciar a actitude da multinacional, que despediu a uns compañeiros e compañeiras por teren unha limitación física e a outros por supostas causas organizativas e para exixir a súa inmediata readmisión.
O persoal de Televés amosou a súa indignación polo cambio de actitude da multinacional que até este último ano víñase caracterizando por ser un referente a nivel comarcal, nacional e mesmo estatal nas súas relacións laborais.
Ademais manifestaron o seu rotundo rexeitamento polo despedimento dos dous compañeiros que, por motivos de saúde, tiñan unha limitación física que, até a data dos seus despedimentos, non lles impediu realizar o seu traballo e acadar un rendemento óptimo, segundo o sistema recollido no propio convenio colectivo.
10 Feb 2026
18 Ago 2022
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.