Terceira xornada de folga na planta de Leche Celta en Meira

- 20 Mar 2018

A práctica totalidade das traballadoras e os traballadores da factoría de Leche Celta en Meira secundaron este martes unha nova xornada de folga en demanda de melloras salariais e sociais e xa preparan un novo calendario de paros e mobilizacións a desenvolver durante a próxima semana.

 

O de hoxe foi o terceiro día de folga (que se realiza en horario de 12 a 16 horas) e a empresa, por fin, moveu ficha e trasladou a intención de presentar unha proposta ao comité para retomar as negociacións.