Sindicatos e patronal constitúen a mesa negociadora do convenio do metal de Pontevedra

A seguinte xuntanza terá lugar o 21 de febreiro no hotel Coia ás 10.00 horas

Vigo -

As centrais CIG, CCOO e UGT e as organizacións patronais do sector do metal da provincia de Pontevedra constituíron hoxe a mesa negociadora que se encargará da renovación do convenio colectivo, polo que se rexen máis de 3000 empresas e uns 15.000 traballadores/as. A xuntanza celebrouse esta tarde na sede da Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime), en Vigo.

O anterior acordo laboral, que tivo unha vixencia de dous anos e que, fora asinado por CCOO e UGT, mentres que a CIG optara por rexeitalo ao entender que suporía avalar a última reforma laboral. A central criticara no seu día que o documento non recollía ningunha das melloras laborais propostas polos tres sindicatos nin recuperaba o poder adquisitivo perdido nos últimos anos.

A mesa de negociación que hoxe quedou constituída e que se encargará da renovación do convenio -na que a CIG ten a maioría- celebrará a próxima reunión o 21 de decembro no hotel Coia ás 10.00 horas.

Volver