Sen acordo na primeira reunión en Vitrasa

O comité lograra sentar á dirección despois de anunciar posíbeis paros
Vigo - 02 Out 2018

A primeira reunión en meses entre dirección e comité de empresa de Vitrasa, que decorreu desde as 10 até as 15 horas de hoxe, non logrou achegar posturas sobre ningún dos puntos que reivindica o persoal, referentes a irregularidades na contratación e degradación das condicións de traballo.

Este venres 5 de outubro ás 9 horas terá lugar unha nova xuntanza na que, se non se producen avances, o comité formalizaría a convocatoria de paros parciais os martes e xoves a partir de mediados deste mes.