Proseguen as concentracións contra os despedimentos e a precarización do persoal de Pérez Torres no Porto de Ferrol

Ferrol - 02 Nov 2023

A CIG continuou este xoves coas mobilizacións en rexeitamento aos despedimentos aplicados pola empresa Pérez Torres Marítima no Porto de Ferrol. Deste volta, a concentración realizouse diante do SMAC coincidindo coas actos de conciliación polo despedimento de dous traballadores.

A FGAMT-CIG explica que nos últimos tempos a empresa, que presta servizos de estiba no Porto de Ferrol, está a despedir o persoal con máis antigüidade (un dos afectados leva máis de 20 anos facendo este traballo) e con máis dereitos, alegando unha baixada da actividade. Pero ao mesmo tempo, fanse novas contratacións en precario e "cando no porto de Ferrol están a traballar a cotío persoal das ETT e persoal eventual a esgalla".

A central alerta que a empresa tenta aprovéitarse da última reforma laboral para precarizar as condicións de traballo, abusando dos contratos fixos-discontínuos, malia que aínda están sen regular no sector, xa que tanto UGT como CCOO renunciaron a regular esta figura contractual no convenio colectivo provincial de aplicación.