Presentación campaña defensa das pensións Vigo

O colectivo de xubilados e pensionistas da CIG presentou esta mañá en Vigo a campaña en defensa das pensións, que dará lugar a concentracións nas sete cidades galegas o vindeiro xoves 17 de novembro. Na comparecencia, á que asistiron membros do colectivo, acompañados do secretario comarcal, Alberte Gonçalves, alertaron de que a reforma do Pacto de Toledo anunciada polo PP podería debilitar aínda máis as pensións públicas, en aras de beneficiar os fondos voitre que manexan as as fórmulas privadas.

A concentración en Vigo terá lugar ás 12 da mañá diante do edificio da Xunta.

Volver