Pontevedra e Vilagarcía tamén se mobilizaron pola recuperación de dereitos

A CIG convoca manifestacións nestas dúas localidades e na Estrada o venres
Pontevedra/Salnés - 15 Feb 2017

As rúas de Pontevedra e de Vilagarcía tamén acolleron este mediodía mobilizacións dentro da campaña pola recuperación de dereitos laborais e sociais que desenvolve a CIG. As protestas leváronse a cabo diante do INSS, no primeiro caso, e do Inem no caso de Vilagarcía, unha vez rematadas as asembleas de delegados/as que tiveron lugar pola mañá.

Ademais das concentracións de hoxe, nestas dúas localidades, ao igual que na Estrada, a central ten convocadas tres manifestacións para o vindeiro venres 17 de febreiro. As marchas arrincarán ás 20.00 horas da Praza da Ferrería no caso de Pontevedra, da Casa do Mar en Vilagarcía e da Praza do Mercado, no caso da Estrada.