• 2017-06-28 ProtestaPecheCamasMeixoeiro01.jpg
  • 2017-06-28 ProtestaPecheCamasMeixoeiro02.jpg
  • 2017-06-28 ProtestaPecheCamasMeixoeiro03.jpg
  • 2017-06-28 ProtestaPecheCamasMeixoeiro04.jpg

Persoal e usuarios/as do Sergas mobilízanse no Meixoeiro de Vigo para rexeitar o peche de camas no verán

Reclaman os “recursos imprescindíbeis” para reducir as listas de espera máis longas do país

Vigo -

Ducias de traballadores/as e usuarios/as do Servizo Galego de Saúde (Sergas) desenvolveron este mércores unha concentración no hospital Meixoeiro de Vigo para rexeitar o peche de camas previsto pola Consellaría de Sanidade durante o verán

Dende a Xunta de Persoal denuncian que durante o período estival permanecerán pechadas 192 camas na área sanitaria viguesa, a pesar de que ten as lista de espera máis longas de todo o país. Diante disto, reclaman os “recursos imprescindíbeis” para reducilas e instan o conselleiro a cumprir os “compromisos electorais” e buscar unha solución.

 

Volver