Persoal de Setex Aparki, concesionaria do guindastre municipal de Vigo, arroupou hoxe os representantes sindicais que participaron na mediación celebrada na Inspección de Traballo para intentar desbloquear o conflito aberto pola renovación do convenio colectivo. De non chegarse a un acordo antes do vindeiro luns 14, o servizo verase afectado pola folga indefinida convocada polos traballadores/as para reclamarlle á empresa que reduza a xornada laboral durante as fins de semana.