Persoal do GES do Val Miñor mobilízase en Nigrán contra a precariedade

Os bombeiros/as tamén reclaman un convenio colectivo tras 10 anos sen el

Val Miñor -

Os traballadores/as do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor desenvolveron este xoves unha mobilización diante do Concello de Nigrán coincidindo coa celebración do pleno municipal para denunciar a precariedade laboral que padecen e reclamar un convenio colectivo tras máis de 10 anos sen el. Un importante número de veciños/as participou na mobilización dos bombeiros/as en apoiou das súas reivindicacións.

Volver