Persoal do GES do Val Miñor continúa coas mobilizacións para reclamar un convenio colectivo

Bombeiros/as do servizo mancomunado acudiron ao pleno de Baiona e concentráronse diante do Concello de Gondomar
Val Miñor - 06 Out 2017

O cadro de persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor continuou este xoves coa campaña de mobilizacións que está a desenvolver para denunciar a precariedade laboral que padecen e reclamar un convenio colectivo. Un grupo de bombeiros/as do servizo mancomunado acudiron pola ao pleno de Baiona, onde amosaron carteis coas súas reivindicacións, mentres que pola tarde levaron a cabo unha concentración diante do Concello de Gondomar.