O colectivo de ex traballadoras/es do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que asesora a CIG mobilizáronse hoxe na Coruña coincidindo co xuízo contra Inversiones Subel (propiedade do empresario Luis Fernández Somoza) para reclamarlle o pago dos 3,2 millóns de euros que ten pendentes de pagar pola compra dos terreos que a antiga fábrica de louza ocupaba en Vigo.
Tras a sesión celebrada no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 11 da Coruña o xuízo quedou visto para sentenza.
Dende a CIG agardan agora que o fallo sexa favorábel ás arredor de 150 traballadoras/as que levan anos reclamando, mediante numerosas protestas e accións xudiciais, o pago das cantidades que lles adebedan.
26 Set 2019
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.