Persecución sindical en Mercadona

- 28 Nov 2016

Mulleres loitadoras incansábeis como María López fan da CIG un referente sindical. Grazas compañeira polo teu exemplo!

No programa de onte de Salvados, María falou claramente e falou ben. E as súas declaracións incendiaron as redes. Aquí a ligazón a unha das súas intervencións: http://www.lasexta.com/…/maria-lopez-trabajadora-de-mercado…

No seu día, denunciamos publicamente a situación de persecución, acoso e ameazas á que se veu sometida por parte de Mercadona, polo simple feito de terse presentado ás eleccións sindicais pola CIG.

Naquel momento, e a pesar de ter sentenza firme, a denuncia apenas tivo repercusión nos medios. Non é o único caso. A vulneración de dereitos fundamentais -como a liberdade sindical- por parte das grandes empresas non é noticia de interese para a prensa. Para a CIG si, non nos cansaremos de denunciar estas situacións. Forza compañeira, a loita continúa!