Os secretarios xerais de ELA, CSC e CIG analizarán na Coruña “A soberanía: alternativa á ditadura do mercado”

O vindeiro venres, día 5 de outubro, ás 16:30 horas na Fundación ONCE, Cantón Grande, 3, da Coruña

Nacional -

As Fundacións Moncho Reboiras e Galiza Sempre organizan unha xornada de debate o vindeiro venres, día 5 de outubro, ás 16:30 horas, na Fundación Once (Cantón Grande, 3) na Coruña, baixo o título “A soberanía: alternativa á ditadura do mercado”. Unha conferencia que se enmarca nos Encontros Internacionais polos “Dereitos dos pobos de Europa” nos que se analiza a articulación dos dereitos dos pobos de Europa na UE e nos seus Estados membros.

A secretaria de Organización da CIG, Susana Méndez, será a encargada de presentar e moderar a xornada na que se abordará:

  • A soberanía como ferramenta de xustiza social fronte á ditadura do mercado

Para tratar esta cuestión intervirán os secretarios xerais da Confederación Sindical Catalana-CSC, Carles Sastre; de Eusoko Lagileen Alkartasuna-ELA, Adolfo Muñoz e da Confederación Intersindical Galega, Paulo Carril.

  • Cara unha democracia feminista: soberanía e emancipación na Europa actual

A filósofa e Profesora de Ciencia Política da UPV/EHU, Jule Goikoetxea será a encargada de abordar este tema.

  • Soberanismo como desproletarización. A reapropiación do que é o noso fronte ao capitalismo mafioso, de desposeimento

Correrá a cargo do Profesor Titular de Antropoloxía Social e Socioloxía Social da Universitat Jaume I de Castelló [UJI], Andrés Piqueras Infante.

O encontro é unha iniciativa do Centre Maurits Coppieters e a Fundación Galiza Sempre e conta co apoio financeiro do Parlamento Europeo.

Volver