A representación da CIG na Planta de Tratamento de Residuos Sólidos de Lousame mantivo un encontro o pasado luns co candidato do BNG, Xosé Luís Rivas, a quen lle transmitiron as necesidades da planta de cara ao mantemento dos postos de traballo e para avanzar nun modelo de tratamento dos residuos que sexa sustentábel.
Así, os delegados e delegadas expuxeron a necesidade de investir en recursos e material para garantir un tratamento eficaz e eficiente, para o que se fai preciso, entre outras cuestións, a adquisición de novos camións con acceso a distintas distancias das rúas, unha volteadora que facilite a aireación do material de compost ou investimentos en contedores.
A planta de Lousame atende a nove concellos do Barbanza e xera máis de 150 postos de traballo, na súa maioría, emprego feminino.
07 Abr 2026
19 Feb 2026
30 Set 2025
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.