Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do cuarto trimestre de 2025 amodan a preocupante evolución do mercado de traballo en Galiza, xa que a mellora dos principais indicadores -aumento da poboación activa e ocupada e descenso da taxa de paro- agocha unha realidade moi negativa: a creación de emprego no noso país concéntrase nos sectores con peores condicións laborais, mentres a perda de postos de traballo na industria segue a ser a tendencia.
Neste tempo a poboación activa situouse en 1.293.800 persoas, o que supón 11.800 máis ca no trimestre anterior e 31.100 máis que no mesmo período de 2024. Aínda que no último trimestre o incremento está repartido entre ambos sexos, na variación interanual é o aumento da participación feminina o que sustenta a medra da poboación activa.
Poboación activa segundo sexo
| |
Total
|
|
|
|
2025/T4
|
2025/T3
|
2024/T4
|
|
|
|
12 Galiza
|
12 Galiza
|
12 Galiza
|
T4-T3
|
T4-T4
|
|
Ambos sexos
|
1.293,80
|
1.282,00
|
1.262,70
|
11,80
|
31,10
|
|
Homes
|
649
|
644
|
644,1
|
5,00
|
4,90
|
|
Mulleres
|
644,9
|
638,1
|
618,6
|
6,80
|
26,30
|
Fonte: EPA. INE
Do mesmo xeito, o incremento da ocupación concéntrase fundamentalmente entre as mulleres: a totalidade do emprego creado correspondeu ás mulleres, mentres que entre os homes rexistrouse un descenso da ocupación. Na variación interanual, o peso do novo emprego tamén recae maioritariamente sobre as mulleres, que ocupan o 95,5% dos postos de traballo creados.
Poboación ocupada segundo sexo.
| |
2025/T3
|
2025/T3
|
2024/T4
|
T4-T3
|
T4-T4
|
|
Ambos sexos
|
1.186,90
|
1.179,50
|
1.153,30
|
7,40
|
33,60
|
|
Homes
|
596,9
|
598,7
|
595,3
|
-1,80
|
1,60
|
|
Mulleres
|
590
|
580,7
|
557,9
|
9,30
|
32,10
|
Fonte: EPA. INE
Este maior peso das mulleres explícase por ser o sector servizos -con salarios máis baixos e peores condicións- o que está a crear a maioría do emprego. Ademais, preto da metade das novas mulleres ocupadas en Galiza son persoas estranxeiras non pertencentes á Unión Europea.
Na distribución por sectores, apréciase unha diferenza importante na variación trimestral e anual, xa que no último trimestre medra a ocupación no sector da construción, con 11.800 postos de traballo máis. Porén, na variación anual segue a ser o sector servizos o que concentra a maioría da nova ocupación, mentres se repite unha preocupante perda de emprego industrial e no sector primario.
Malia a forte caída da ocupación en actividades como comercio, hostalaría ou transporte, con 27.200 empregos menos no último trimestre, na comparativa anual hai 6100 empregos máis que a finais de 2024.
Poboación ocupada por sector económico.
| |
Total
|
|
|
|
2025T4
|
2025T3
|
2024T4
|
T4-T3
|
T4-T4
|
|
Total
|
1.186,90
|
1.179,50
|
1.153,30
|
7,40
|
33,60
|
|
Agricultura
|
66,8
|
66,5
|
69,5
|
0,30
|
-2,70
|
|
Industria
|
188,6
|
189,8
|
189,8
|
-1,20
|
-1,20
|
|
Construción
|
83,7
|
71,9
|
82,3
|
11,80
|
1,40
|
|
Servicios
|
847,9
|
851,3
|
811,6
|
-3,40
|
36,30
|
Fonte: EPA. INE
Esta perda de emprego foi compensada polo incremento rexistrado na construción e, sobre todo, no grupo de administración pública, educación, sanidade e servizos sociais. Esta rama engloba actividade moi diversas, tanto educación - no que segundo a afiliación á Seguridade Social aumentou a ocupación- como todo o relacionado cos coidados, desde sanitarios até no fogar, e polo tanto no sector público e no privado.
Ocultación de datos relevantes
Dende a Secretaría Confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG sinalan que e pesar destes datos a radiografía da situación do mercado laboral galego é “incompleta” e está “falseada”, xa que o Instituto Galego de Estatística (IGE) deixou de ofrecer cifras de temporalidade e parcialidade na contratación, dous elementos especialmente importantes para coñecer a verdadeira realidade do mundo do traballo.
A CIG denuncia que o IGE -agora baixo tutela directa de Presidencia da Xunta- xa non ofrece datos de parcialidade e temporalidade na contratación
“Os recortes no IGE e o afán do PP por controlar os organismos públicos, como está a facer coa CRTVG, perseguen instalar a censura e a falta de transparencia para evitar que se coñeza a situación real do emprego no noso país”, tal e como denuncia o seu responsábel, Paco Sío. Neste senso, lamenta que o IGE -que agora se atopa baixo a tutela directa de Presidencia- xa non achegue tampouco datos das grandes cidades galegas.
Con todo, as cifras que se veñen de coñecer permiten comprobar que o devalar da industria galega “é estrutural” e responde á “total ausencia” dunha política industrial e á “incapacidade” da Xunta “para frear esta grave tendencia”. O resultado é un empeoramento continuo das condicións laborais, xa que o crecemento económico baséase na explotación laboral: maior parcialidade, temporalidade e inestabilidade no emprego. “Isto está a aumentar o número de persoas con salarios cada vez máis baixos, disparando a pobreza laboral”.
Ao tempo que medra as desigualdades sociais e amplía a distancia entre as persoas ricas e a clase traballadora. “Fronte a isto, no canto de aplicar políticas redistributivas e un modelo igualitario, tanto o Goberno central como a Xunta optan por un modelo baseado na man de obra intensiva, incapaz sobre todo de crear emprego para mocidade con maior formación; de xeito que mentres a poboación estranxeira medra en Galiza e asume os postos de traballo máis precarios, a xente nova ten que emigrar en busca de empregos cualificados”.