Os carretilleiros/as de GKN convocan protestas para esixir a equiparación salarial

O cadro de persoal de HPS e Logistic Packaging demanda a aplicación do convenio do Metal na súa integridade

Vigo -

O cadro de persoal de HPS Industrial Jobs e Logistic Packaging, empresas de carretilleiros/as que traballan para a compañía de automoción viguesa GKN Driveline, mobilizarase este xoves 19 para reclamar a aplicación do convenio do Metal na súa integridade, o que pasa pola equiparación salarial co resto de traballadores/as.

Segundo explican dende a representación sindical dos arredor de 80 empregados/as (cinco delegados/as da CIG e un da UGT), coa concentración que terá lugar diante das instalacións de GKN na Avenida Citroën de 13:15 a 14:30 horas queren reclamar a aplicación íntegra do convenio provincial do Metal, o que suporía un considerábel aumento de soldos. 

A concentración terá lugar este xoves de 13:15 a 14:30 horas

Até hai catro anos a empresa aplicáballes o convenio de Comercio de Artes Gráficas, mais unha sentenza que chegou a finais de 2014 tras unha denuncia da CIG recoñecéuselles o dereito a gozar das condicións laborais establecidas no convenio provincial do Metal de Pontevedra. Dende entón as condicións laborais están equiparadas, a excepción dos salarios.

Diante disto, o persoal decidiu en asemblea levar a cabo mobilizacións e presentar demandas contra as empresas por cesión ilegal de traballadores/as, ao tempo que non descarta convocar paros no mes de setembro.

Volver