O TSXG declara ilegal a cobertura do posto de xerente da ACIS cun contrato de alta dirección

A sentenza limita por primeira vez a contratación de persoal directivo externo á Administración pública

Compostela -

Nunha novidosa sentenza ditada o pasado 18 de xaneiro, a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) estimou parcialmente o recurso interposto pola CIG-Saúde contra os estatutos da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), dependente da Consellaría de Sanidade, declarando «a nulidade dos incisos do art. 36 dos estatutos en tanto que estabelecen a posibilidade de contratación en réxime laboral de alta dirección da persoa designada como xerente da Axencia».

Volver