O sector servizos volveu concentrar unha vez máis o maior descenso do paro rexistrado durante o pasado mes de xuño, período que se pechou con 140.932 persoas anotadas nas oficinas do SEPE, 5188 menos que en maio (-3,5%). O 70% dos novos contratos contabilizáronse neste sector, o que amosa que se trata de postos de traballo estacionais ligados á contratación estival. Ademais, as mulleres seguen a ser o colectivo máis castigado, xa que máis do 58% das persoas paradas son mulleres.
Poboación parada por sexo.
|
|
|
|
Evolución
|
|
|
2022
|
2022
|
Mensual
|
|
Sexo
|
Maio
|
Xuño
|
Absoluta
|
%
|
|
Homes
|
61.026
|
58.601
|
-2425
|
-3,9
|
|
Mulleres
|
85.094
|
82.331
|
-2763
|
-3,2
|
|
|
146.120
|
140.932
|
-5188
|
-3,5
|
Fonte: SEPE.
As provincias con maior tirón turístico, Pontevedra e A Coruña, monopolizaron a práctica totalidade dos novos empregos creados, xa que na primeira contabilizáronse 3075 persoas menos no paro e na segunda 1542. A grave crise industrial que padece o noso país evidénciase unha vez máis na contratación rexistrada neste período: só 6006 contratos dos 32.092 formalizados en Pontevedra foron no sector industrial, mentres que nos servizos eleváronse até os 24.182 (máis do 75% do total).
A reforma laboral continúa a modificar as novas formas de precariedade no mundo do traballo, até o punto de que case o 63% dos contratos foron temporais por circunstancias da produción ou substitución
Ao mesmo tempo, a aplicación da nova reforma laboral continúa a modificar as novas formas de precariedade no mundo do traballo, até o punto de que case o 63% dos contratos rexistrados foron temporais por circunstancias da produción ou substitución (50.547 do total de 80.342).
Na contratación indefinida, pese á continua propaganda gobernamental de creación de emprego estábel, o 60% dos contratos foron a tempo parcial ou fixos descontinuos. Esta modalidade supón xa o 37% do total de contratos rexistrados. Polo que nun momento de crise económica como o actual estase a producir unha forte caída das persoas traballadoras indefinidas, xa que a duración destes contratos é de días, semanas ou meses.
Na CIG consideramos que nun momento económico tan inestábel polo desproporcionado aumento da carestía da vida e a especulación co prezo da enerxía, dos carburantes e dos produtos básicos, o feito de que a creación de emprego se reduza a sectores de natureza estacional, así como a parcialización do emprego indefinido, pode provocar unha volta á situación de perda de emprego masiva e de pobreza laboral que padecemos ao inicia da crise dos nos anos 2008-2009.