O sector da CIG-Administración do Estado elixe a Rubén Méndez como secretario nacional

Celebrou a súa VII Asemblea Nacional o pasado sábado, día 16, en Santiago de Compostela

Nacional -

O sector da CIG-Administración do Estado celebrou a súa VII Asemblea Nacional o pasado sábado día 16 de decembro, en Compostela. Un encontro no que participaron un total de 29 persoas en representación das distintas comarcas que conforman as estruturas da federación, no que foi elixido como secretario nacional Rubén Méndez.

No decurso da xornada someteuse a consideración da Asemblea o Informe de Xestión presentado polo Secretario Nacional, que acadou o respaldo das/os asistentes con 28 votos a favor e unha abstención.

Canda isto debateuse a o regulamento de funcionamento do Sector que recibiu o voto favorábel de todas as persoas asistentes.

Para os diferentes organismos de dirección e representantes do sector na Dirección Nacional da CIG-Administración presentouse unha única candidatura de consenso. Os resultados acadados foron:

* Secretario Nacional do Sector: Rubén Méndez Amor, votos a favor 26, en branco 3

* Representante Sector Dirección Nacional Federación: Xulio C. Iglesias Corchero, votos a favor 25, en branco 4.

* Executiva Nacional do Sector: Ana I. López Bogo, Ana Santomé Santos e Xaime Rey Vázquez, votos a favor 27, en branco 2.

* Integrantes Dirección Nacional do Sector: Elisa Rodríguez Vázquez, Xesús M. Fernández Jácome, Antonio Baliño Vázquez, Josefina Davila Davila, Carmen Ares Iglesias, Isabel Dios Orozco, Manuel Blas Rodríguez Vázquez, Xosé M. Gil Ramos. Votos a favor 27, en branco 2.

O acto de clausura da VII Asemblea Nacional do sector de Administración do Estado correu a cargo do Secretario Nacional da Federación de Administración Pública Xabier Picón.

Volver