O profesorado concéntrase nos centros de ensino contra a LOMCE e as reválidas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino continúa a loita contra a imposición das probas

Compostela -

Numerosos centros rexeitaron este luns, de diferentes formas, as reválidas que están previstas para os días 11, 12 e 13 de maio secundando así a convocatoria da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Os actos de hoxe súmanse ás concentracións realizadas na tarde do mércores 4 de maio en demanda da derrogación da LOMCE e ás reválidas, mobilizacións que se repetiron en diversas cidades e vilas.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público reitera o seu chamamento ás familias para que non envíen ás súas fillas e fillos aos centros e demanda da administración educativa a paralización destas probas e da propia LOMCE.

O calendario de accións contra a LOMCE terá continuidade o próximo mércores 11 de maio, coincidindo co inicio das probas, cunha concentración diante da Consellaría de Educación.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino,  Erguer. Estudantes da Galiza, a Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL), a Federación de ANPA de Compostela, a Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova e a Federación de ANPA de Ponteareas (FANPO).

Volver