Traballadores e traballadoras do Porto da Coruña concentráronse na mañá deste venres diante do edificio da Autoridade Portuaria para demandar a implantación de protocolos de actuación para minimizar as agresións ao persoal en situacións de risco, de igual xeito que xa se están aplicando noutras administracións como as oficinas de emprego ou os centros de saúde. O comité acordou levar adiante esta protesta tras da agresión hai uns días a un traballador do porto no control de acceso ao peirao de San Diego.
"Esta non é a primeira vez que ocorre algo semellante, pero a empresa inhíbese das súas responsabilidades e non está a tomar ningunha medida para garantir a seguridade do persoal", denuncia Manuel Mosquera, secretario da sección sindical da CIG.
A concentración desenvolveuse coincidindo coa celebración da reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.
20 Mai 2026
09 Xun 2021
21 Mai 2021
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.