O persoal do comercio téxtil ourensán continúa coas protestas

As e os traballadores/as do sector reclaman un convenio digno
Ourense - 06 Xul 2018

As e os traballadores/as do comercio téxtil da provincia de Ourense continúan coas mobilizacións para reclamar un novo convenio colectivo que remate cos salarios “de miseria”, xa que o soldo medio do sector ronda os 780 euros mensuais. Denuncian que a última proposta da patronal contempla un incremento do 2% para os tres próximos anos pero “pretende borrar da historia o período 2011-2017 ofrecendo un aumento cero”. No terceiro día de protestas, que tivo lugar o pasado venres, escolleron un establecemento da marca Zara na rúa ourensá do Paseo.