O comité de empresa de TUSSA, compañía municipal de transportes de Santiago, convoca unha concentración para forzar a negociación do convenio colectivo, que leva máis dun ano paralizada. A representación sindical aproveitará a protesta que terá lugar este luns día 12 diante da pasarela da estación intermodal (rúa do Hórreo ás 10:45 horas) para presentar un novo calendario de mobilizacións e para anunciar unha convocatoria de folga e as datas nas que terá lugar.
09 Xun 2023
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.