O persoal de Povisa traslada as protestas até a delegación da Xunta en Vigo

Reclaman a negociación do convenio colectivo tras oito anos paralizado
- 19 Abr 2018

O cadro de persoal de Povisa continuou hoxe coas protestas para reclamar a negociación do convenio colectivo, que leva paralizado dende 2010, aínda que nesta ocasión cambiaron o centro médico pola delegación da Xunta en Vigo. Representantes sindicais e traballadores/as do hospital privado desenvolveron unha concentración ás portas do edificio autonómico na cidade de 11:00 a 12:00 horas.