O cadro de persoal de Povisa continúa coa súa campaña de mobilizacións para reclamar a negociación do convenio colectivo, que leva paralizado dende 2010. Representantes sindicais e traballadores/as do hospital vigués desenvolveron hoxe unha nova concentración ás portas do centro sanitario privado. Este xoves trasladarán as protestas até a delegación da Xunta na cidade de 11:00 a 12:00 horas.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.