O persoal de Masol Iberia Biofuel acorda iniciar mobilizacións

Os traballadores/as da planta de biodiesel de Masol Iberia Biofuel, situada no Porto Exterior de Ferrol, iniciarán un calendario de mobilizacións o vindeiro xoves, 2 de novembro, cunha concentración na entrada do porto ás 17:30 horas. O motivo da protesta é denunciar o bloqueo que padecen as negociacións coa empresa, de cara a equiparar a condicións laborais e socias dos traballadores/as desta planta co das outras instalacións que o grupo ten no Estado español.

Volver