O cadro de persoal de GRI Towers Galicia, empresa dedicada á fabricación de torres eólicas con sede no Carballiño, continuará co seu calendario de mobilizacións despois de que fracasasen os contactos mantidos hoxe coa dirección para intentar que cumpra os acordos laborais pactados na mesa de negociación. Para este martes día 16 teñen fixada unha nova xornada de folga e unha manifestación que arrincará da Praza Roxa ás 11:30 horas e rematará no Concello.
18 Xan 2024
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.