Grupo Norte súmase este sábado á folga contra o traslado do servizo de emerxercias do 061 á Estrada

Os empregados/as da Central de Coordinación mobilizaranse na sede de San Marcos e no Sergas

Nacional -

Este sábado comeza a folga indefinida do persoal da Central de Coordinación do 061, que xestiona a empresa Grupo Norte e que ese encarga de atender o centro de chamadas do servizo de Urxencias Sanitarias dependente da Xunta de Galiza, cuxos/as traballadores/as manteñen o paro indefinido iniciado o pasado mércores día 1 para reclamar un compensación xusta polo traslado forzoso do seu centro de traballo dende Santiago á Estrada.

Os empregados/as de Grupo Norte aproveitarán a primeira xornada de folga, que se materializará mediante paros parciais todos os luns, sábados e festivos de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas, para desenvolver unha concentración pola mañá diante das instalacións do servizo en San Marcos, no mesmo complexo que ocupa a CRTVG. 

Este sábado mobilizaranse en San Marcos e o luns no Sergas

Para o luns 6, próximo día de paro, teñen convocada unha mobilización diante do Sergas en Santiago tamén pola mañá.

Pola súa banda, o persoal estatutario do servizo de Urxencias Sanitarias do 061 continúa coa folga indefinida iniciada o pasado 1 de agosto, día no que aproveitaron para desenvolver unha concentración pola mañá coincidindo cos paros convocados (de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:000 horas todos os mércores, domingos e festivos) diante das instalacións de San Marcos.

Volver