Galiza rematou o mes de novembro con 154.045 persoas rexistradas como paradas no SEPE, un 0,84% menos que no mes anterior debido ao aumento da contratación vinculada ao sector servizos, que se elevou até o 87%. Neste mesmo período a media de descenso do paro a nivel estatal foi tres veces superior, atinxindo o 2,28%. Ademais, a maior parte dos contratos rexistrados -máis do 86%- foron subscritos baixo algunha modalidade de contratación temporal.
Este peor comportamento do mercado de traballo no noso país é resultado directo da maior incidencia que a crise, especialmente a que atravesa a industria, está a provocar sobre os nosos sectores produtivos. A pesar do descenso xeneralizado do paro neste período, Lugo sumou 68 novas persoas desempregadas, o que para o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, evidencia a grave crise industrial que padece a provincia e que está a afectar en especial a empresas como Alcoa ou Vestas.
|
|
2021
|
Evolución
|
|
|
|
Outubro
|
Novembro
|
Absoluta
|
%
|
|
A Coruña
|
61.785
|
61.163
|
-622
|
-1,01
|
|
Lugo
|
14.693
|
14.761
|
68
|
0,46
|
|
Ourense
|
17.573
|
17.321
|
-252
|
-1,43
|
|
Pontevedra
|
59.994
|
59.502
|
-492
|
-0,82
|
|
Total
|
154.045
|
152.747
|
-1298
|
-0,84
|
Fonte: SEPE
Para o responsábel sindical este reducido descenso do paro no conxunto de Galiza está claramente vinculado á elevada temporalidade, xa que a maior baixada produciuse no sector servizos. De feito, o 87% dos 88.297 novos contratos rexistrados neste período foron en actividades ligadas a este sector. “Tratouse pois dun crecemento directamente relacionado coa precarización do mundo do traballo, como se desprende do feito que máis do 86% da contratación fose temporal”.
Pola contra o sector primario experimentou un aumento significativo do desemprego, ao igual que acontecera xa no pasado mes de outubro. “Este comportamento ten que ver coa crise que padece o sector gandeiro e a pesca, e co proceso de eucaliptización do noso país, o que fai moi complicado que a xente nova poida ver atractivo traballar nestes sectores”.
Outro sector que tampouco dá síntomas de recuperación é o da construción, no que se produciu un medre mínimo das persoas empregadas (18) con respecto ao mes de outubro. “Todos estes datos amosan unha vez máis a febleza do tecido económico e laboral de Galiza”.
|
Sectores
|
2021
|
Evolución
|
|
|
|
Outubro
|
Novembro
|
Absoluta
|
%
|
|
Sector primario
|
5.444
|
5.508
|
64
|
1,18
|
|
Industria
|
17.119
|
16.816
|
-303
|
-1,77
|
|
Construción
|
10.770
|
10.752
|
-18
|
-0,17
|
|
Servizos
|
108.289
|
107.302
|
-987
|
-0,91
|
|
Sen emprego anterior
|
12.423
|
12.369
|
-54
|
-0,43
|
Fonte: SEPE
En boa medida como consecuencia da falta dunha política industrial para o noso país por parte da Xunta e pola aplicación das reformas laborais do PSOE de 2010 e do PP de 2012, cuxa derrogación inmediata reclama a CIG porque “se están a aplicar as vellas receitas para saír da crise de 2008 que non serven máis que para crear pobreza laboral, persoas traballadoras pobres e paro”.