O feminismo galego convoca protestas contra a violencia machista este martes 21

A CIG chama a participar nas concentracións previstas por todo o país en repulsa do último feminicidio

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego en varias localidades do país este martes día 21 contra a violencia machista e en repulsa do feminicidio de Ana Belén Varela Ordóñez, de 50 anos, asasinada polo seu marido onte en Cabana de Bergantiños.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

CONCENTRACIÓNS:

-A Coruña, no Obelisco ás 20:00 horas.

-Compostela, na Praza 8 Marzo ás 20:00 horas.

-Lugo, diante do Concello ás 20:00 horas.

-Betanzos, diante do Concello ás 20:00 horas.

-As Pontes, na Praza do Hospital ás 20:00 horas.

-Ponteareas, diante dos Xulgados ás 20:30 horas.

-Vigo, no Marco ás 20:00 horas.

-Val Miñor, na rotonda da Ramallosa ás 20:00 horas.

-Carballo, na Praza do Concello ás 20:00 horas.

-A Guarda, na Praza do Reló ás 20:30 horas.

-Ourense, na Castañeira ás 20:30 horas.

-Ferrol, diante do Concello ás 20:00 horas.

-Pontevedra, na Audiencia Provincial ás 20:00 horas.

-Redondela, na Praza da Constitución ás 21:30 horas.

-Melide, na Praza do Convento ás 20:00 horas.

-Miño, na Praza do Parchís ás 21:00 horas.

-Viveiro, na Praza da Fontenova ás 20:30 horas.

-Monforte, na Praza de España ás 20:30 horas.

-Rianxo, na Praza de Castelao ás 20:00 horas.

-Vilagarcía, na Praza de Galiza ás 20:00 horas.

-Burela, na Praza da Mariña ás 21:00 horas.

-Chantada, na Praza de Galiza ás 20:30 horas.

-O Carballiño, na Praza do Concello ás 20:00 horas.

-Ponteceso, na Praza do Recheo ás 12:00 horas.

 

Volver