• 17-12-14 ProtestaGEAxulgadosCorunha01.jpeg
  • 17-12-14 ProtestaGEAxulgadosCorunha02.jpeg
  • 17-12-14 ProtestaGEAxulgadosCorunha03.jpeg
  • 17-12-14 ProtestaGEAxulgadosCorunha04.jpeg
  • 17-12-14 ProtestaGEAxulgadosCorunha05.jpeg

O ex persoal de GEA volve aos Xulgados da Coruña para reclamar o pago da débeda

O vindeiro xoves 21 terá lugar a vista previa da demanda presentada contra Inversiones Subel

A Coruña -

O colectivo de ex traballadoras/as do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) que asesora a CIG concentrouse este xoves ás portas dos Xulgados da Coruña para esixirlle a Inversiones Subel (propiedade do empresario Luis Fernández Somoza) que pague dunha vez a débeda económica que ten pendente de abonar, en cumprimento do acordado pola venda de parte dos terreos que a antiga fábrica de louzas ocupaba en Vigo.

As ex empregadas/es de GEA (Pontesa, Santa Clara e Royal China) manteñen o pulso mobilizador dun conflito que se prolonga dende hai 16 anos. Desta volta regresaron á Coruña, xa que será nos Xulgados da rúa Monforte onde se dirima a demanda civil contra Inversiones Subel.

Aínda que inicialmente foi presentada en Vigo, o xuíz da sala 10 entendeu que ao estar a sede social da empresa na Coruña debe ser nesta cidade onde se resolva un proceso xudicial cuxa vista previa se celebra o vindeiro xoves 21 de decembro.

Volver