Os datos de paro rexistrado no mes de abril en Galiza evidencian por unha banda, que aínda non se recuperou o emprego aos niveis previos á pandemia, que tal e como viñamos denunciando, o colectivo máis castigado foron as mulleres e que, máis alá das consecuencias que tivo no sector Servizos, polo peche de actividade decretada como medida para previr os contaxios da COVID-19, durante este período destruíuse emprego na Industria.
Así as cousas, o mes de abril rematou en Galiza cun total de 170.778 persoas desempregadas, 9.941 menos que no mes anterior (-5,5%). Un descenso relacionado co aumento de contratación estacional coincidindo coa Semana Santa. Con respecto a abril de 2020, como cabería esperar por ser o mes no que estabamos en pleno confinamento, hai 20.851 persoas desempregadas menos (-10,88%).
Porén non se consegue recuperar a situación porque con respecto a febreiro de 2020, último mes antes de que se decretara o estado de alarma, no que había 166.229 persoas desempregadas, aínda hai 4.549 parados e paradas máis.
Canto o número de contratos, asináronse 65.622, dos que 58.159 foron temporais, o 88,62%, co cal o mercado laboral galego segue a manter uns elevados niveis de temporalidade.
| |
2020
|
2021
|
Evolución
|
|
| |
Febreiro
|
Marzo
|
Abril
|
Mensual
|
Abril2021/
febreiro2020
|
|
A Coruña
|
66.516
|
72.176
|
68.535
|
- 3.641
|
2.019
|
|
Lugo
|
16.265
|
18.088
|
17.002
|
- 1.086
|
737
|
|
Ourense
|
18.397
|
20.265
|
19.121
|
- 1.144
|
724
|
|
Pontevedra
|
65.051
|
70.190
|
66.120
|
- 4.070
|
1.069
|
|
Total
|
166.229
|
180.719
|
170.778
|
- 9.941
|
4.549
|
As mulleres, as máis castigadas
Os datos son tremendamente elocuentes se comparamos por sexos o paro rexistrado no mes pasado, con respecto ao último pre-pandemia, febreiro de 2020. Daquela había 71.438 homes desempregados demandantes de emprego e 94.791 mulleres.
Porén o mes pasado había 71.971 homes desempregados e 98.807 mulleres (-4.016). Isto constata que, como a CIG viña denunciando, as mulleres foron as máis castigadas pola pandemia, porque estaban empregadas maioritariamente no sector Servizos, temporais e precarias. Un sector que foi, á súa vez, o máis afectado polas restricións aplicadas para evitar os contaxios.
| |
2.020
|
2.021
|
Evolución
|
|
|
Sexo
|
Febreiro
|
Marzo
|
abril
|
Mensual
|
Abril2021/febreiro2020
|
|
Homes
|
71.438
|
76.869
|
71.971
|
- 4.898
|
533
|
|
Mulleres
|
94.791
|
103.850
|
98.807
|
- 5.043
|
4.016
|
Desmantelamento industria
Tamén é significativa a diferenza entre os distintos sectores. En Servizos había en febreiro de 2020 114.987 persoas desempregadas e en abril deste ano 120.566, un total de 5.579 máis neste último mes. Aínda así, e sendo este dato preocupante, máis o é a diferenza en Industria, onde había en 2020 un total de 18.297 persoas desempregadas, cando agora hai 19.520, un total de 1.223.
Isto é tanto máis grave, canto que no caso do sector Servizos, e nomeadamente na Hostalería, houbo unhas medidas restritivas que poderían explicar a situación. Sen embargo, no caso de Industria, que mantivo a súa actividade, correspóndese con destrución de emprego, pura e dura.
|
Sectores
|
2020
|
2021
|
Evolución
|
|
| |
Febreiro
|
Marzo
|
Abril
|
Mensual
|
Abril2021/febreiro2020
|
|
S primario
|
6029
|
6384
|
5916
|
- 468
|
-113
|
|
Industria
|
18.297
|
19.975
|
19.520
|
- 455
|
1.223
|
|
Construción
|
13.613
|
13.345
|
12.574
|
- 771
|
- 1.039
|
|
Servizos
|
114.987
|
127.405
|
120.566
|
- 6.839
|
5.579
|
|
Sen emprego anterior
|
13.303
|
13.610
|
12.202
|
- 1.408
|
- 1.101
|
Os datos confirman, para Fran Cartelle “a profundidade da crise derivada da pandemia, mais tamén a profundidade da crise que arrastrabamos antes dela”. Ademais a perda de emprego no sector industrial, cando até o de agora o sector Servizos era o máis afectado por mor das restricións, pon de manifesto, ao seu entender, as graves consecuencias que está a ter o proceso da chamada dixitalización e descarbonización co conseguinte desmantelamento do sector e destrución de postos de traballo”.
Por iso o secretario confederal de Emprego denuncia as “inxustas políticas que están adoptando os gobernos á hora de xestionar esta crise”, nomeadamente a solución dos ERTE, “porque as empresas poden combinar outros instrumentos da reforma laboral”. E chama a atención sobre a situación de “desamparo” na que se atopa o persoal temporal que quedou fóra xa ao principio da crise sanitaria e non se puido beneficiar nin dos ERTE, nin das medidas de protección social aprobadas neste período.
Derrogación das reformas laborais
Por iso exixe non só a derrogación das reformas laborais senón tamén “políticas públicas que garantan unhas condicións de vida dignas para as traballadoras e traballadores” que tan mal o están pasando.
Ademais demanda a intervención pública no sistema financeiro, coa xestión directa dos fondos europeos; unha transición enerxética xusta, o reforzo dos sectores estratéxicos, a posta en marcha dun plan de conciliación e que se fixe por lei o SMI do 60% do salario medio, tal e como marca a Carta Social Europea, coa supresión do IPREM. Isto xunto co establecemento dunha renda de inserción laboral e social da contía do SMI e a prohibición dos ERES, ERTEs, modificacións de condicións… “sen previa autorización administrativa e acordo co persoal”, ademais da eliminación das ETTS, as empresas multiservizos, a figura de falsos/as autónomos/as ou a subcontratación en cadea”.
Afiliación á Seguridade Social
Tampouco se recuperan os niveis de afiliación á Seguridade Social previos á pandemia e se comparamos o número de persoas afiliadas no pasado mes de abril, co número das afiliadas en febreiro de 2020, vemos como hai 12.614 persoas menos.
|
Afiliación á SS
|
2020
|
2021
|
Evolución
|
|
| |
Febreiro
|
marzo
|
Abril
|
Mensual
|
Abril2021/febreiro2020
|
|
A coruña
|
434.745
|
428.803
|
430.096
|
1.293
|
- 4.649
|
|
Lugo
|
121.313
|
119.205
|
119.240
|
35
|
- 2.073
|
|
Ourense
|
102.218
|
100.516
|
100.548
|
32
|
- 1.670
|
|
Pontevedra
|
354.077
|
350.208
|
349.855
|
- 353
|
- 4.222
|
|
Total
|
1.012.353
|
998.733
|
999.739
|
1.006
|
- 12.614
|