O 13 de novembro mobilízate por Palestina
A Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina ten convocada unha nova xornada de mobilizacións o xoves 13 de novembro, para reclamar paz, xustiza e soberanía para o pobo palestino, e a fin da ocupación e o xenocidio.
As protestas, que xa suman preto de 50 localidades, realizaranse cando se cumpre un mes do chamado “Acordo de Paz”, que Israel non está a cumprir, mentres continúa bombardeando partes de Gaza e asasinando impunemente, bloqueando a entrada de axuda humanitaria e avanzando no seu plan de anexión de Cisxordania.