Novo luns de mobilizacións en Atento

A Coruña -

”Se te explotan, explota!”. As traballadoras e traballadores conmemoran “os 20 anos de explotación” de Atento na Coruña cunha torta chea de reivindicacións e estoupando globos. Fronte ao acoso, os despedimentos e as sancións, o persoal mantén os paros todos os luns e intensificará as mobilizacións ao longo deste mes de setembro. Así, o  día 10 teñen convocada unha manifestación ás 18:00 horas dende as oficinas de Atento en Juan Flórez, e paros de dúas horas por quenda laboral. E para o luns 17 hai convocada folga de 24 horas "contra as presións de Atento e Movistar".

Volver