Nova xornada de paros e concentracións en Atento contra os abusos da empresa

A Coruña - 04 Xun 2018

Traballadoras e traballadores de Atento continúan este luns cos paros laborais e as concentracións en resposta aos abusos da empresa. Dende o comité reclaman o cese inmediato da política de despedimentos, persecución, acoso, ameazas e sancións que está aplicando a compañía en todos os departamentos da plataforma da Coruña, e á que agora hai que sumar, ademais, as coaccións da a mutua para que os/ as traballadores/as acurten as súas baixas e os despedimentos por baixas.

O calendario de mobilizacións repetirase os luns de cada semana mentres a empresa non se aveña a unha negociación que mude de xeito radical as relacións laborais nesta plataforma.  Os paros laborais desenvólvense de 00 a 01h, de 12 a 13h e de 18 a 19h e afectan a todos os servizos e departamentos do centro de traballo. Coincidindo cos paros da quenda da mañá e da tarde, o persoal realiza concentracións diante das oficinas de Atento na céntrica rúa coruñesa de Juan Flórez.