Nova xornada de folga en Masol Iberia Biofuel

Ferrol - 02 Mar 2018

Os traballadores e as traballadoras de Masol Iberia Biofuel desenvolveron este venres a última das xornadas de folga acordada para esixir melloras salariais e laborais que igual as súas condicións coas que xa teñen compañeiros e compañeiras doutras plantas do grupo no Estado. O paro desenvolveuse de 12 a 16 horas e, para dar máis visibilidade á súa loita, o persoal realizou tamén unha concentración diante das instalacións da empresa, situadas no Porto Exterior de Ferrol.

Dende a última xuntanza coa empresa non se produciron avances, polo que a representación social estuda solicitar unha nova reunión coa empresa e, á espera do que se decida na asemblea de traballadores/as, non se descarta a convocatoria de novas folgas e endurecer as mobilizacións.